Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial de delimitación de polígono na estrada de Camposancos s/n-Santo André de Comesaña (expediente 5376/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 4 de maio de 2000, acordou aprobar inicialmente e de oficio a delimitación do polígono na estrada de Camposancos, Santo André de Comesaña (expediente 5376/411) cunha superficie de

7.223,45 m, correspondente a 4 parcelas de tres propietarios: ó concello cunha superficie de 1.483,00 m; Víctor Toca, Grupo de Empresas, S.L; cunha superficie de 5.100 m; e San Andrés Park, S.L. que é titular de dúas parcelas de 167,70 m e 472,75 m, respectivamente, e que ten os seguintes lindeiros:

Norte: terreos do concello de Vigo e Talleres Doal, S.A.

Sur: Talleres Rovi e Talleres Ante-Napa-Piel.

Leste: estación de servicio San Andrés Park, S.L. e estrada de Camposancos.

Oeste: terreos do Concello de Vigo.

Sométese o dito expediente ó trámite de información pública polo prazo mínimo de vinte días contados desde o seguinte ó da súa publicación no DOG. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de maio de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo