Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILABOA

ANUNCIO de contratación de obras.

Contratación por concurso con procedemento aberto para a adxudicación do contrato de obras e proxecto «acceso ós núcleos de Balteiro, Sobreira, O Alcouce, Pontefilgueira, O Coto e O Caeiro (Vilaboa)», incluída no PPC/2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilaboa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: acceso ós núcleos de Balteiro, Sobreira, O Alcouce, Pontefilgueira, O Coto e O Caeiro (Vilaboa).

b) Lugar de execución: Vilaboa.

c) Prazo de execución (meses): 2.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.996.156 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 219.923 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Vilaboa.

b) Domicilio: Toural, 1.

c) Localidade e código postal: Vilaboa, 36141.

d) Teléfono: 986 70 82 15.

e) Telefax: 986 70 83 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo:...; subgrupo: ...; categoría...

b) Outros requisitos: os establecidos no prego.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: establecida no prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

9. Apertura das ofertas.

Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (de coincidir en sabado ou festivo, aprazarase ó seguinte día hábil).

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación do concurso: establecidos no prego.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

12. Publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas sométense a información pública durante o prazo de oito días hábiles desde a publicación do presente anuncio no BOP, para que os interesados poidan examinalo e, de se-lo caso, presentar reclamacións contra el.

En ambos casos, de presentarse reclamacións, a licitación quedará supeditada ata que estas fosen resoltas.

Vilaboa, 8 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado