Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 10 de abril de 2000, acordou aprobar definitivamente a delimitación da unidade de actuación número 12 do PERI de Ponte Pedriña, (UA-12), adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno acordou o inicio do expediente de reparcelación do polígono delimitado e que os servicios técnicos municipais redacten o correspondente proxecto de reparcelación da unidade.

O inicio de expediente de reparcelación comporta a suspensión do outorgamento de licencias de edificación e parcelación no ámbito delimitado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá iterpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Co obxecto de que lles sirva de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente, publícase a seguir a relación das parcelas e dos propietarios afectados pola reparcelación:

1. Parcela 1 (número 23 da rúa do Ulla). Propietario: José Viña Iglesias, María Matilde Liste Llorente.

2. Parcela 2 (número 21 da rúa do Ulla). Propietario: Manuel Salguiero Castro, Esperanza Salgueiro Castro.

3. Parcela 3 (número 19 da rúa do Ulla). Propietario: Jesusa García Vilar.

4. Parcela 4 (número 17 da rúa do Ulla). Propietario: Esclavitude Quintáns Aldrey.

5. Parcela 5 (número 15 da rúa do Ulla). Propietario: herdeiros de José San Luis Calvelo e Dolores García Mareque.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde