Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 10 de abril de 2000, acordou aprobar definitivamente a delimitación da unidade de xestión L do PERI de Concheiros-Cotaredo-San Lázaro (enlace das rúas de Mónaco e Monte dos Postes), adoptando como sistema de actuación o de cooperación.

Na mesma sesión, a Comisión de Goberno acordou o inicio do expediente de reparcelación do polígono delimitado e que os servicios técnicos municipais redacten o correspondente proxecto de reparcelación da unidade.

O inicio do expediente de reparcelación comporta a suspensión do outorgamento de licencias de edificación e parcelación no ámbito delimitado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde