Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores PO-0504-1999 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-0504-1999.

Denunciado: Ramón Falcón Gil.

Enderezo: Valvanera 33-2º - San Tomé do Mar - Cambados - Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.000 ptas.

Nº de expediente: PO-0651-1999.

Denunciado: Flora Fernández Rodríguez.

Enderezo: Grupo Pescadores, 20 Gr. B-7-1º Vigo - Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 ptas.

Nº de expediente: PO-0726-1999.

Denunciado: Iván Otero Soutullo.

Enderezo: A Carballeira nº 21 - O Grove - Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 50.000 ptas.

Nº de expediente: PO-0791-1999.

Denunciado: José María Guitián Cajaraville.

Enderezo: Rande nº 35 - Redondela - Pontevedra.

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 60.000 ptas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 4 de maio de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo