Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-1251-1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto para poder examina-los expedientes na

Delegación Territorial de Vigo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes.

Nº de expediente: PO-1251-1999.

Denunciado: José Couselo Graña.

Enderezo: Edificio Campelo, 2, Campelo - Poio Pontevedra.

Vigo, 4 de maio de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo