Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 4 de maio de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dos recursos de alzada dos expedientes sancionadores PO-0233-1998 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos expedientes instruídos por infraccóns da Lei 6/1991, do 15 de maio (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os interesados dispoñen dun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda, de conformidade co disposto nos artigos 8.1º e) e 14.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Pontevedra, sita na r/ Palma nº 4 - Vigo.

Nº de expediente: PO-0233-1998.

Denunciado: Ricardo Muñiz Agis.

Enderezo: Ardia, 10, O Grove - Pontevedra.

Precepto infrinxido: 7.8º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 12 de novembro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-1020-1998.

Denunciado: Juan Costas Rodas.

Enderezo: Santo Amaro, 45-3º B, Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 30 de decembro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-1094-1998.

Denunciado: José Fernández Riveiro.

Enderezo: Martínez Garrido, 71-6º C, Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso de alzada presentado o día: 10 de novembro de 1999.

Resolución do recurso de alzada: desestimatorio, confirmando a resolución de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (Diario Oficial de Galicia nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 4 de maio de 2000.

Rosa María Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo