Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. denominada L.M.T.-C.T. O Con-Peirao, no concello de Moaña e se convoca para o levantamento das actas previas á ocupación. (Expediente 339/1996 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

DISPÓN:

1. Declarar en concreto a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, co fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 339/1996 L.M.T.-C.T. O Con-Peirao, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas por respectivas resolucións desta delegación do 22 de xaneiro de 1997.

2. Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xunta, co alcance que se determina.

3. Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas dos días 13 e 14 de xuño de 2000, polo que deberán acudi-los afec-

tados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario pola súa conta.

Predios: 2-21.

Hora: 10.

Día: 13-6-2000.

Predios: 28/1-48.

Hora: 10.

Día: 14-6-2000.

Nº expediente: 339/1996.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T. O Con-Peirao.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: O Con-Peirao-concello de Moaña.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 449 m de lonxitude. Conductor LA-110, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa contra este acordo non procede recurso ningún; non obstante, os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 3 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 339/1996 A.T.Provincia: Pontevedra

O Con-PeiraoTermo municipal: Moaña

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CotorelaLabradíoCándida Martínez Paredesr/ Daniel Castelao, 12, 36950 Moaña1228280

5FontesPradoJosé Díaz VillaverdeFontes, s/n, 36959 Moaña5

6LavandeiraPradoJosé Tenorio PenaO Casal, 112, 36954 Moaña15

6/ALavandeiraPradoJulio Tenorio AbalPandiña, 116, 36959 Moaña880

7LavandeiraPradoJosé Nores Casqueirar/ Cangas, 5, 36209 Vigo10100

11LavandeiraPradoH. Roberto Miranda AbadMasandia, s/n, 36959 Tirán-Moaña660

12LavandeiraLabradíoMaría Molanes SequeirosAguieiro, 149, 36959 Moaña10100

15LavandeiraLabradíoÁngel Argibay VázquezFiunchal, s/n, 36959 Masandia-Tirán-Moaña330

18LavandeiraPradoMª Martínez Trelles y S.r/ Méndez Núñez, 14, 36950 Moaña330

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

21LavandeiraMonte baixoJesús Ribas MirandaMasandia, 191, 36959 Tirán-Moaña11110

28/1CandieiraPradoDolores Núñez Bernárdez. Pilar Núñez BernárdezRevolta-Matamá, 10, 36213 Vigo220

29CandieiraPradoJosé Paz MolanesAvda. Pontevedra, 19, 36940 Cangas868

30CandieiraPradoMª Molanes SequeirosAgueiro, 149, 36959 Moaña38330

31PeimouroPradoGonzalo Maquieira PazO Igresario, s/n, 36959 Tirán-Moaña420

32PeimouroPradoH. Eugenio Pazos MartínezCamiño Vello, 18, 36950 Moaña525

38PeimouroLabradíoE. Pazos Martínez y F.r/ Daniel Castelao, 23-4º Esqda., 36959 Moaña16

43PeimouroLabradíoFernando Cao GrossiMingalleira-O Con, 5-3º Esqda., 36950 Moaña48400

46SalgueiralLabradíoManuel Pena PazosPandiña, 161, 36959 Moaña880

48SalgueiralPradoMatilde Nogueira PazosPandiña, 162, 36959 Moaña521050