Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. denominada L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Outeiro-San Xurxo no concello de Cotobade e se convoca para o levantamento das actas previas. (Expediente 335/1996 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

DISPÓN:

1. Declarar en concreto a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, coa fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 335/1996 L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Outeiro-San Xurxo, da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas por respectivas resolucións desta delegación do 18 de novembro de 1996.

2. Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xunta, co alcance que se determina.

3. Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas do día 21 de xuño

de 2000, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario pola súa conta.

Predios: 1-11.

Hora: 10.

Día: 21-6-2000.

Nº expediente: 335/1996.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Outeiro-San Xurxo.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: O Outeiro-concello de Cotobade.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 289 m de lonxitude. Conductor LA-56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa contra este acordo non procede recurso ningún; non obstante, os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 3 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 335/1996 A.T.Provincia: Pontevedra

O Outeiro-San XurxoTermo municipal: Cotobade

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1CasalPradoJosé Barros FernándezFamelga, s/n, 36854, Aguasantas, Cotobade1222220

2CasalLabradíoCarmen Barros Rodríguez BarbeitoSan Xurxo de Sacos, 65, 36121, Cotobade37370

3CasalPradoManuel Cabada JuanesCalvo Sotelo, 35, 36900 Marín30300

5CasalPradoManuel Gómez CerviñoFontán, 3, 36121, San Xurxo de Sacos-Cotobade880

7CasalPradoManuel Gómez CerviñoFontán, 3, 36121, San Xurxo de Sacos-Cotobade110

8Veiga PortaLabradíoJosé Fraga CabaleiroSanjurjo Badía, 95, 36200, Teis-Vigo2156560

9Veiga PortaPradoCarmen Domínguez FentanesSierra, 34-2º, 36002 Pontevedra2115150

11Veiga PortaLabradíoParroquia San Xurxo de SacosPraza da Inmaculada, 1, 15704 Santiago de Compostela3234340