Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se declara a tramitación, polo procedemento de urxencia, da liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. denominada L.M.T.-C.T.-R.B.T. Bravil-Outeiro, no concello de Silleda, e se convoca para o levantamento das actas previas á ocupación. (Expediente 91/1996 A.T.).

Ó abeiro do establecido no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, polo que se modifica o carácter extraordinario da tramitación polo procedemento de urxencia que pasa a converterse en tramitación ordinaria, competencia desta delegación, e vistas as alegacións formuladas polos afectados, esta delegación

DISPÓN:

1. Declarar en concreto a necesidade da ocupación polo procedemento de urxencia establecido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que máis abaixo se relacionan, co fin de levar a cabo a execución da liña A.T. 91/1996 L.M.T.-C.T.-R.B.T. Bravil-Outeiro, da empresa

Unión Fenosa Distribución, S.A. a que este expediente se refire, da que a autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública foron outorgadas por respectivas resolucións desta delegación do 18 de xuño de 1996.

2. Establece-la afección dos titulares, bens e dereitos que se xunta, co alcance que se determina.

3. Sinala-la data para o levantamento das actas previas á ocupación, o que se levará a cabo, sobre o terreo, a partir das 10 horas do día 20 de xuño de 2000, polo que deberán acudi-los afectados ou persoa que os represente, provistos dos documentos que acrediten de modo fidedigno a propiedade e podendo facerse acompañar de perito ou notario pola súa conta.

Predios: 2-6.

Hora: 10.

Día: 20-6-2000.

Nº expediente: 91/1996.

Denominación da liña: L.M.T.-C.T.-R.B.T. Bravil-Outeiro.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Situación da liña: Outeiro-concello de Silleda.

Condicións técnicas: liña de 15/20 kV de 668 m de lonxitude. Conductor LA-56, sobre apoios de formigón.

De acordo co disposto no artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa contra este acordo non procede recurso ningún; non obstante, os interesados poderán, unha vez publicada esta relación e ata o momento de actas previas, formular por escrito, perante esta delegación, alegacións para o efecto de corrixir posibles erros que se padeceran na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

Vigo, 3 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 96/091 A.T.Provincia: Pontevedra

Bravil-OuteiroTermo municipal: Silleda

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2MarrásPradoJ. Manuel Guiadaz GolmazOuteiro, s/n, 36570

Manduas-Silleda

1061.396

3MarrásMonte altoMaría Jesús Silva Alénr/ Xeneral Franco, 37, 36570 A Bandeira-Silleda43688

4MarrásMonte altoManuel Seoane CajideQuintela, s/n, 36570

Manduas-Silleda

17272

5MarrásMonte altoHerdeiros de J. Manuel Valenzuela Oteror/ Peregrina, 54-4, 36003

Pontevedra

22651.040

6MarrásMonte altoJ. Manuel Guiadaz GolmazOuteiro, s/n, 36570

Manduas-Silleda

3-4-564105.822