Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/67-2, 5166 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Couso-A Vacariza (Monterroso).

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Couso de 1.477 m a 20 kV, sobre apoios de formigón en conductor PAS-50. C.T.I. de Couso de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. de Couso de 1.770 m a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do

día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 3 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo