Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Por Resolución do 26 de abril de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 85, do 4 de maio de 2000, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos nas probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 21 de decembro de 1999, publicada no DOG nº 248, do 27 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

A lista definitiva de aspirantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, sinalándose que non hai ningún aspirante excluído.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública