Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.570

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de maio de 2000 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-las probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados e se convocan os aspirantes para a realización do primeiro exercicio.

Convocadas as probas selectivas para o acceso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados, por Orde do 21 de decembro de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 248, do 27 de decembro, de conformidade co establecido na base III.I da devandita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-A composición do tribunal que deberá selecciona-los aspirantes para o acceso ó corpo superior da Xunta de Galicia, escala de letrados será o seguinte:

Titulares:

Presidente: Javier Suárez García, director xeral-xefe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

José María Arrojo Martínez, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

José Luis Meilán Gil, catedrático de dereito administrativo da Universidade da Coruña.

Carmen Refojo Rodríguez, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria:

Susana Loreta Benedetti Corzo, letrada da Asesoría Xurídica da Consellería de Economía e Facenda.

Suplentes:

Presidente: José Vicente Alvariño Alejandro, xefe do Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurisdicional.

Vocais:

Juan Carlos Trillo Alonso, maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ángel Rebolledo Varela, catedrático de dereito civil da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Fernández Veiga, en representación das organizacións sindicais.

Secretario:

José Rodríguez González, letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Segundo.-Pola presente anúnciase que o primeiro exercicio da oposición terá lugar a partir do día 19 de xuño ás 17 horas na aula 13 da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo convócanse para a súa realización, de conformidade coa base II.3.1, en primeiro lugar, os aspirantes admitidos para a quenda de promoción interna que a continuación se indican:

Pita Ponte, José María. DNI: 33.270.173.

Rey Stolle Valcarce, Antonio I. DNI: 34.968.056.

Álvarez López, Javier. DNI: 33.313.351.

Tamén se convoca o aspirante admitido para a quenda de acceso libre:

García Alvariza, Ana María. DNI: 35.287.629.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública