Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECIÓN de erros.-Orde do 22 de maio de 2000 pola que se modifica a do 15 de decembro de 1993 sobre delegación de atribucións no secretario xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Advertido erro no texto da devandita orde remitida para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 104, do 30 de maio de 2000, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 8.384, onde fai referencia á Orde do 15 de decembro de 1993, debe entenderse a Orde do 16 de decembro de 1997 sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (Diario Oficial de Galicia número 245, do 19 de decembro).

Na páxina 8.384 no artigo único onde di: «engádese a alínea f) ó artigo 1 da Orde do 15 de decembro de 1993 co seguinte texto: f)...», debe dicir: «engádese a alínea g) ó artigo 1 da Orde do 16 de decembro de 1997 co seguinte texto: g)...».