Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.567

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 29 de maio de 2000 pola que se establece a prórroga das listas elaboradas ó abeiro da do 27 de xaneiro de 1999 pola que se anunciaba a presentación de solicitudes para contratacións laborais de carácter temporal dedicados á realización de traballos ocasionais de carácter silvícola e ambiental durante 1999.

A Orde do 27 de xaneiro de 1999, pola que se anunciaba a apertura do prazo de presentación de solicitudes para contratacións laborais de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionais de carácter silvícola e ambiental durante 1999, tiña como obxecto a elaboración de listas coas persoas interesadas na cobertura temporal de postos de traballo naqueles servicios dependentes da Consellería de Medio Ambiente e suxeición ós condicionantes orzamentarios que levasen a cabo traballos ocasionais de carácter silvícola e ambiental.

Para o ano 2000, e en tanto non se teña culminado o Plan de Consolidación de Emprego Estructural que se está a levar a cabo na Consellería de Medio Ambiente dentro dos acordos sobre medidas para o crecemento de emprego en Galicia 1998-2001, é preciso contar con persoal para a realización de traballos silvícolas e ambientais nos servicios de Medio Ambiente Natural e no Centro de Investi

gacións Forestais de Lourizán, nos mesmos termos establecidos na devandita Orde do 27 de xaneiro de 1999, utilizando para as listas xa confeccionadas ó seu abeiro, correspondentes ás distintas categorías recollidas nela.

Polo exposto, de conformidade co disposto nos artigos 27 números 10 e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como o Decreto 482/1997, do 30 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Prorroga-la vixencia das listas formadas ó abeiro da orde desta consellería do 27 de xaneiro de 1999, pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para contratacións laborais de carácter temporal dedicadas á realización de traballos ocasionais de carácter silvícola e ambiental, en tanto non sexan elaboradas outras, se é o caso.

Disposición transitoria

A Orde do 27 de xaneiro de 1999 manterá a súa vixencia en todo aquilo que non se opoña ó contido da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde terá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente