Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.558

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, con nº de código 3600965, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-4-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Gallega de Graniteros e a Asociación Provincial de Empresarios de Materiales de Construcción, e da parte social polas

centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG, o 6-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de abril de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial do sector

de mármores e pedras de Pontevedra 2000

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarias do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiales para la Construcción (Sección de Mármores e Pedras) e a Asociación Gallega de Graniteros, en representación empresarial.

Ambas recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 32 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asinantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se dediquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio xeral da construcción, letra a).

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo terá unha vixencia dun ano, desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro de 2000, e entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante, as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 2000. Para evita-lo baleiro normativo que noutro caso se produciría unha vez rematada a súa vixencia inicial, ou a de calquera das súas prórrogas, continuará rexendo na súa totalidade, tanto no seu contido normativo como no obrigacional, ata que sexa substituído por outro.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º d) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para inicia-la negociación do convenio que o substitúa.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas, serán respectados.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto nel que, apreciado no seu conxunto e sendo posterior, consideran norma máis favorable as representacións asinantes.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, que estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomaran parte na negociación do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo presentar para iso a documentación necesaria e asinar nel.

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polos seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra:

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro.

Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballador na dita obra.

-O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

-O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberaselle comunicarse por escrito ó traballador cunha antelación de 15 días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo.

Non obstante o anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

-Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior. Cumprido o período máximo de tres anos, se non mediara comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó aviso previo do cesamento, observarase o pactado no suposto primeiro.

Terceiro.

Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación contada desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de lle ofrecer de novo un emprego ó traballador cando

as causas de paralización da obra desaparecesen. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no suposto segundo.

-Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación:

1. Os traballadores que formalicen outros contratos distintos dos regulados nos reais decretos 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fora inferior a 181 días, e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. As empresas afectadas por este convenio, cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal, garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os mesmos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación do seu correspondente convenio colectivo ou pacto de empresa. Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición subscrito entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria.

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no punto 1º b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a 12 meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de 18 meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista na letra b), do artigo 10º do presente convenio provincial.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial

confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, que deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, complementos salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 2000 sexa superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe que afectará os conceptos previstos no primeiro parágrafo deste artigo. A revisión levarase a cabo unha vez que constate oficialmente o INE o IPC real de 2000 e aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Cando proceda a aplicación desta cláusula, os atrasos devengados serán aboados dunha soa vez.

Se o IPC o 31 de decembro de 2000 é superior ó 2%, o exceso adicionarase ós conceptos previstos no primeiro parágrafo deste artigo, para os únicos efectos de que sirva de base para a elaboración das táboas salariais do ano 2001.

Artigo 14º.-Compensación pola supresión da antigüidade.

Para compensa-la desaparición do complemento de antigüidade nos termos e previsións contidas na Resolución do 6 de novembro de 1996 da Dirección Xeral de Traballo e Migracións (BOE nº 281, do 21 de novembro), pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico da antigüidade, aplicarase durante os anos 1996, 1997 e 1998, con efectos do 1 de xaneiro de cada un destes anos, un incremento lineal de 10.000 ptas. por ano, para todolos niveis profesionais das táboas salariais.

Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito con data do 21 de novembro de 1996. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada á data antes referida, calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando

a fracción deste sexa igual ou superior ó 0,5, e non se computará cando sexa inferior ó 0'5.

Xúntase táboa (anexo), coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996. Esta táboa tan só será aplicable a aqueles trabajadores que na data sinalada tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.

Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflectirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. Estas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato prevista no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade consolidada, de se-lo caso.

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consistirá nunha cantidade mensual de 6.090 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tallo, no momento de comeza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a suá incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporción do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do premio cada vez que se produza a dita falta.

4. No caso de ausencias xustificadas, a cantidade de 6.090 ptas. raterase atendendo ós días efectivamente traballados.

5. A falta de asistencia, por causa non xustificada, dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 25% do premio.

6. As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores, non serán consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este convenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboaranlles ós seus traballadores de fábrica ou taller, un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 501 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 101 ptas., por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medida da productividade conforme as disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como mínimo a cantidade sinalada no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un complemento de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computará para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

En cumprimento do artigo 55.2.bis do convenio xeral da construcción, os complementos extrasalariais sumados non deberán exceder para o ano 2000, do 7% do total anual das táboas do convenio, para cada categoría ou nivel retributivo.

Artigo 19º.-Traballo en alturas, traballos penosos, tóxicos e perigosos.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a 5 ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente complemento de altura, que se establece no 20% do salario base da súa categoría.

No caso de traballos penosos, tóxicos e perigosos faplicarase o previsto no artigo 62 do convenio xeral da construcción.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis horas da mañá, percibirá un complemento de traballo nocturno equivalente ó 25 % do salario base da súa categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o complemento sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas, e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. Para as horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinanas compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para elas no punto 2º do artigo 67 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de IT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas completarán ós traballadores afectados a prestación económica por incapacidade temporal que por enfermidade común ou accidente laboral lles aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada ésta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días mais.

c) En ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) Estas circunstancias acreditaranse documentalmente.

No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 1.065 ptas. por día desde o primeiro día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 5.250.000 ptas. en 1998; 5.500.000 ptas.en 1999; 5.750.000 ptas. en 2000 e 6.000.000 de ptas. en 2001.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

2. Agás designación expresa de beneficiarios polo asegurado, a indemnización faráselle efectiva ó traballador accidentado, o no caso de morte, ós beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante 2000 será de 1.760 horas.

3. Para adapta-la xornada ás 1.760 horas de xornada ordinaria anual acordadas para o ano 2000, fíxanse como festivos do convenio e aboables para tódolos efectos, os días seguintes: 17 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 13 de outubro, 7 e 26 de decembro. Estes días non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.

Nos concellos onde a festa local coincidise co día non laborable ou festivo de convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte. Nos concellos que a continuación se relacionan, fíxanse como festivos os seguintes días: Bueu: 13 de novembro, Crecente: 15 de maio, Moaña: 13 de novembro, As Neves: 31 de xullo e 7 de agosto, Poio: 26 de xuño e Vilaboa: 13 de novembro.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradoiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorias, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xomada partida, poderá cambiarse a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo determinados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo desfrutará de xornada continuada desde o 1 de xuño ó 15 de setembro, garantíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración. Con vixencia exclusiva para 2000, para efectos de adapta-la xornada ás 1.760 horas anuais acordadas, desfrutaranse 21 días laborables, iniciándose en calquera caso, o seu desfrute en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa, só se terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause baixa na empresa no transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas correspondentes a todo o contrato en vigor, como concepto de liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de IT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a súa duración computarase como días de vacacións, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de IT.

6. Se a IT se producise despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual das vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da IT.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

7. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

8. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis a antigüidade consolidada, se é o caso.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo elo entre doce.

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos 48 horas, salvo acreditada urxencia e xustificación posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos/as ou irmáns/ás: 1 día natural. Se se produce fóra da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a, se é o caso, pais ou fillos/as: 6 días naturais. Fóra da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira de se-lo caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a de se-lo caso) ou fillos/as: 6 días naturais.

g) Morte de pais: 4 días naturais.

h) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos/as políticos/as: 2 días naturais.

i) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

j) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais. Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A contía das axudas de custo será a seguinte:

* Axuda de custo completa: 3.335 ptas.

* Axuda de custo media: 1.323 ptas.

Artigo 28º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que teñan cumpridos 63 anos e non teñan 65 cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continuación en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na empresaIdadeMeses de indemnización

De 2 a 5 anos632
De 6 a 10 anos633
De 11 a 20 anos634
De 21 a 30 anos635
Máis de 30 anos636

De 2 a 5 anos641
De 6 a 10 anos642
De 11 a 20 anos643
De 21 a 30 anos644
Máis de 30 anos645

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para ter tal dereito son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en todo caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los 65 anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse consonte unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e á súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro de persoal dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá serlle comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Aplicarase o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os puntos inmediatamente anteriores, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salvo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, cunha antigüidade na empresa superior ós 10 anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementarán a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a 30 anos.

A xubilación ós 64 anos, segundo establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concede idénticos dereitos de se-lo caso.

Artigo 29º.-Roupas de traballo.

As empresas facilitarán roupas de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

RoupaParque, bloques e tearesSerradoiros e pulidoras

Fundas e traxes4 meses4 meses
Mandís4 meses4 meses
Botas4 meses4 meses
Guantes1 mes1 mes
Zocos12 meses12 meses

PrendasCortadoras e acabadosServicios auxiliares

Fundas e traxes4 meses4 meses
Mandís4 meses
Botas4 meses4 meses
Guantes1 mes1 mes
Zocos12 meses

Por cada peza de roupa non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderalle reclamar á empresa, e esta aboará as seguintes cantidades:

* Funda ou traxes: 5.257 ptas.

* Mandís: 2.633 ptas.

* Botas: 2.125 ptas.

* Guantes: 1.040 ptas.

* Zocos: 4.190 ptas.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

As empresas entregaranlle lentes de protección graduados ó persoal operario se o seu posto de traballo o require, e o solicite previa prescrición facultativa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. Para estes efectos coidan necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuva-lo obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de darlles a coñecer ós representantes legais dos traballadores, e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64,1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31º.-Recibos de salarios.

De conformidade co previsto no artigo 1 da Orde do 27 de decembro de 1994, o recibo individual de salarios ó que se refire o punto 1 do artigo 29 do Estatuto dos traballadores, axustarase, en principio, ó modelo establecido en cada empresa, sen prexuízo de que por acordo entre a empresa e os representantes legais dos traballadores se estableza outro modelo distinto nos termos previstos legalmente.

Artigo 32º.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do Acordo interprofesional galego sobre, procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Artigo 33º.-Cláusula de non aplicación do réxime salarial.

1. O incremento salarial pactado no presente convenio podería non aplicarse en todo ou en parte en caso de empresas nas que a estabilidade no emprego puidese verse danada como consecuencia de tal aplicación.

2. Para acolllerse á dita inaplicabilidade, a empresa deberá formula-la petición ante os representantes dos traballadores por un lado e ante a comisión paritaria por outro, xuntando a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da solicitude.

b) Documentación que acredite a causa invocada, entre a que necesariamente figurará a presentada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Rexistro Mercantil referida ós tres últimos exercicios.

c) Proposta salarial alternativa que incluirá, en todo caso, a recuperación futura da perda salarial negociada.

d) Proposta de viabilidade para o futuro da empresa.

3. A empresa e os traballadores, ou os seus representantes, poderán acadar acordo no prazo de 15 días, que deberá ser notificado á comisión paritaria, para que exerza o seu control e o acordo acade eficacia plena.

Disposición adicional: o presente convenio colectivo será redactado nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Táboa de salarios ano 2000

CategoríasSalarioPagas extras e vacaciónsComplementoIncentivoComplemento

baseMarmoreríasRestoasistenciaMarmoreríasRestotransporte

* Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos138.399190.237190.2376.090552
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais138.399190.237190.2376.090552
ATS, mestres de ensino, mestres industriais134.142184.321184.3216.090552

* Administrativos
Xefe de primeira135.601186.349186.3496.090552
Xefe de segunda122.222167.753167.7536.090552
Oficial de primeira113.531155.671155.6716.090552
Oficial de segunda104.852143.608143.6086.090552
Auxiliares telefonistas99.315135.909135.9096.090552
Aspirantes81.509107.573107.5736.090423

* Técnicos non titulados
Encargado xeral129.572179.656179.6566.090552
Delineante superior122.222167.753167.7536.090552
Delineante de primeira113.531155.671155.6716.090552
Delineante de segunda107.123146.762146.7626.090552
Calcador99.315135.909135.9096.090552

* Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado99.434136.075136.0756.090552
Persoal de limpeza99.434136.075136.0756.090552
Xefe de almacén99.434136.075136.0756.090552
Mozo dos recados de 16 anos72.00494.36194.3616.090423
Mozo dos recados de 17 anos77.535101.441101.4416.090423
Almaceneiro99.434136.075136.0756.090552

* Operarios
Encargado de obra/xefe taller3.6755.0715.1816.090101501552
Capataz-capataz de cuadrilla3.5594.9055.0156.090101501552
Contramestre3.5004.8274.9366.090101501552
Oficial de primeira3.4754.7924.9026.090101501552
Oficial de segunda3.4134.7064.8146.090101501552
Oficial de terceira-axudante3.3594.6304.7386.090101501552
Peón especialista3.3294.5894.6966.090101501552
Peón3.3134.5664.6766.090101501552
Aprendiz ou pinche de 16 anos2.5223.3483.4596.090101501423
Aprendiz ou pinche de 17 anos2.5713.4193.5286.090101501423

Antigüidade consolidada ó día 21 de novembro de 1996

Categoría2 anos3 anos4 anos5 anosCada ano máis

* Persoal técnico medio
Arquitectos e enxeñeiros técnicos5.8778.81611.75514.1062.351
Profesores mercantís, técnicos titulados, graduados sociais5.8778.81611.75514.1062.351
ATS, mestres de ensino, mestres industriais5.6888.53211.37613.6512.275

* Administrativos
Xefe de primeira5.7538.62911.50613.8072.301
Xefe de segunda5.1587.73710.31712.3802.063
Oficial de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Oficial de segunda4.3866.5798.77310.5271.755
Auxiliares telefonistas4.1406.2108.2809.9361.656
Aspirantes3.2344.8516.4687.7621.294

* Técnicos non titulados
Encargado xeral5.4858.22710.97013.1642.194
Delineante superior5.1587.73710.31712.3802.063
Delineante de primeira4.7727.1589.54411.4531.909
Delineante de segunda4.4876.7318.97410.7691.795
Calcador4.1406.2108.2809.9361.656

* Subalternos
Ordenanza, porteiro, garda xurado4.1456.2188.2919.9491.658
Persoal de limpeza4.1456.2188.2919.9491.658
Xefe de almacén4.1456.2188.2919.9491.658
Mozo dos recados de 16 anos2.8124.2175.6236.7481.125
Mozo dos recados de 17 anos3.0574.5866.1157.3381.223
Almaceneiro4.1456.2188.2919.9491.658

* Operarios
Encargado de obra/xefe taller15423230937162
Capataz-capataz de cuadrilla14922429835860
Contramestre14722029335259
Oficial de primeira14521829134958
Oficial de segunda14321428534257
Oficial de terceira-axudante14021028133756
Peón especialista13920827833356
Peón13820727733255
Aprendiz ou pinche de 16 anos9914919923840
Aprendiz ou pinche de 17 anos10215220324441