En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro e 9 1º da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coas propostas efectuadas polas organizacións correspondentes,
DISPOÑO:
Artigo único.-Noméanse membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia a José Eusebio Justos Santos, Mª Isabel Quintáns Rodríguez e J. Carlos Rodríguez Gesto, e como membros suplentes dos anteriores a Manuel Lago Peñas, Jesús Pene
do Pallas e Jaime López Golpe respectivamente, segundo a proposta do Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia, así como Susana Budiño Rodríguez como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia, de acordo coa proposta da Confederación de Empresarios de Galicia.
Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente