Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.548

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 130/2000, do 15 de maio, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8º, parágrafo terceiro, e 10º f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8º e 9º e) do Regulamento de réxime interno deste, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, e de acordo coas propostas efectuadas polas organizacións correspondentes

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia,Marijé Díaz Sánchez, Eduardo Fernández Pérez e Manuel Lago Peñas, e como membros suplentes dos anteriores, Eusebio Justos Santos, Luis Álba Álvarez e Rafael Sánchez-Fernández García, en representación do Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia, e o cesamento de Magoya Méndez Martínez como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente