Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de abril de 2000 pola que se lle concede a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao elemental e medio ó Conservatorio Profesional de Música de Viveiro (Lugo).

O concello de Viveiro era titular dun conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental creado polo Decreto 421/1990, do 31 de xullo (DOG do 14 de agosto), e por Orde do 6 de setembro de 1990 (DOG do 25), se autorizou a posta en funcionamento do dito conservatorio.

Polo Decreto 39/2000, do 11 de febreiro, transfórmase o Conservatorio de Música Oficial non estatal de grao elemental de Viveiro (Lugo), en Conservatorio de Música Público de graos elemental e profesional dependente do dito concello.

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e tendo en conta a disposición derradeira primeira do mencionado Decreto 39/2000, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao elemental e medio ó Conservatorio de Música de Viveiro, segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó réxime común docente dos conservatorios de música e seralle de aplicación a normativa vixente sobre centros de ensinanzas artísticas.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potesta

tivo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Viveiro.

Localidade: Viveiro.

Enderezo: Avda. da Mariña, s/n.

Código: 27016285.

Titular: Concello de Viveiro.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

Postos escolares: grao elemental: 200.

grao medio: 180.