De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-913/1999 por infracción en materia do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-913/1999.
Inculpada: Josefa Calvo Fernández «Damas».
Domicilio: Fuente Álamo, nº 6, 15010-A Coruña.
Motivos: falta de carteis anunciadores de follas de reclamacións e período de rebaixas.
Data de iniciación: 1-3-2000.
A Coruña, 3 de maio de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo