Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1.-Título: proxecto e obra de construcción de 22 vivendas, garaxes e rochos en Soutelo de Montes.-Forcarei. Pontevedra. Expediente: PO-97/040.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data de resolución de adxudicación: 26-4-2000.

-Adxudicatario: Construcciones Suso Chaira, S.L.

-Importe: 164.713.466 ptas. (IVE incluído).

2.-Título: obras de urbanización da parcela 2 do polígono de Esteiro. Ferrol. A Coruña. Expediente: C-99/URB 01.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data de resolución de adxudicación: 26-4-2000.

-Adxudicatario: Hiper-Deco Galicia Obra Civil.

-Importe: 15.000.000 de ptas. (IVE incluído).

3.-Título: proxecto e obra de construcción de 40 vivendas en Oia. As Roteas. Vigo. Expediente: PO-99/030.

-Sistema de adxudicación: concurso aberto.

-Data de resolución de adxudicación: 26-4-2000.

-Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

-Importe: 410.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

P.D.(Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo