Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.531

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios 73/1999-I, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999) sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpór recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir

do día seguinte ó que esta resolución adquira firmeza (a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 3 maio de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 73/1999.

Denunciado: Antonio Pena Maceda.

DNI: 34.975.240

Último enderezo coñecido: Nosa Sra. da Saínza, 34-1º, Ourense.

Feito denunciado: queima sen autorización en época de máximo perigo de residuos sólidos como caixas, cartóns, restos de porespán, etc.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23 de decembro de 1972 da Lei sobre incendios forestais do 5 de decembro dde 1968, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999) sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999.

Sanción: 40.000 pesetas.