1. Entidade adxudicadora:
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato:
2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxecto e execución da obra para a apertura das instalacións dun punto limpo no concello de Monterroso (Lugo).
2.2. Prazo de execución: catorce semanas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: dezanove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e cinco pesetas (19.999.995), IVE incluído (120.202,39 euros).
5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: catrocentas mil (400.000) pesetas (2.404,05 euros).
6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
7. Documentación e información:
7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2.
7.2. Información:
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. No suposto de que se participe en máis dun concurso de elaboración de proxecto e execución da obra para a construcción das instalacións dun punto limpo nos concellos do Grove, Monterroso e Chantada, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, así como no seu interior a fianza provisional esixida para cada unha delas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente