Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da elaboración de proxecto e execución da obra para a construcción das instalacións dun punto limpo no concello do Grove (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxecto e execución da obra para a apertura das instalacións dun punto limpo no concello do Grove (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: catorce semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: dezanove millóns novecentas noventa e nove mil novecentas noventa e cinco (19.999.995) pesetas, IVE incluído (120.202,39 euros).

5. Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación: catrocentas mil (400.000) pesetas (2.404,05 euros).

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2.

7.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. No suposto de que se participe en máis dun concurso de elaboración de proxecto e execución da obra para a construcción das instalacións dun punto limpo nos concellos do Grove, Monterroso e Chantada, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, así como no seu interior a fianza provisional esixida para cada unha delas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente