Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de iniciación do expediente sancionador 15-1604/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-1604/1999 por infracción en materia do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a presentación de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-1604/1999.

Inculpado: Grupo Star Computer, S.L.

Domicilio: Xeneral Sanjurjo nº 47, 15006-A Coruña.

Motivos: negativa inxustificada a satisfacer demandas do consumidor.

Data de iniciación: 7-4-2000.

A Coruña, 3 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo