Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, por trámite de urxencia, para a contratación do servicio de restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís que se citan.

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 25/2000 e 26/2000.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

b) División por lotes e números: dous.

-Lote 1: expediente 25/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza do Albergue Xuvenil Benigno Quiroga de Portomarín (Lugo).

-Lote 2: expediente 26/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza do Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo (Lugo).

c) Lugar de execución: Albergue Xuvenil Benigno Quiroga e Campamento Xuvenil A Devesa (Lugo).

d) Prazo de execución: desde o día 28 de xuño ata o 10 de setembro de 2000, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: importes totais.

-Lote 1: expediente 25/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 4.809.000 ptas., IVE incluído, en función dun máximo de 3.435 prazas.

-Lote 2: expediente 26/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 21.546.000 ptas., IVE incluído, en función dun máximo de 15.390 prazas.

5. Garantías:

a) Provisional:

-Lote 1: 2% do orzamento.

-Lote 2: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70 - baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 43 43.

e) Telefax: 982 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate da finalización do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación:

-Lote 1: non se esixe.

-Lote 2: grupo III, subgrupos 6 e 8, categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70 - baixo, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70 - baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores en tódalas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 25 de maio de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo