Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Artesáns da Madeira e Outros Oficios da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositadaos a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Artesáns da Madeira e Outros Oficios da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: comarcal.

Profesional: contactos e colaboracións con diferentes organismos locais, autonómicos, nacionais ou iternacionais; solicitar subvencións; promoción do sector a través de conferencias, exposicións, etc.: e, organización, difusión e promoción comercial conxunta da artesanía.

Asinan a acta de constitución: Carlos Pereiras Bernárdez e outros.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 8 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra