Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución do expediente sancionador CO-98/044, de conservación de espacios naturais.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se notifica, que esgota a vía administrativa, caberá a interposición do recurso contencioso-administrativo, para interpoñer, a elección do recorrente, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente, ou perante o Xulgado do Con

tencioso-Administrativo da cidade da Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de conservación de espacios naturais: Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Expediente número: CO-98/044.

Denunciado: Xosé Rubal Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ do Nabal de Villestro, número 46. Santiago de Compostela (A Coruña).

Contido da resolución do recurso ordinario que se notifica.

Data: 3 de marzo de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: circular co vehículo Opel Vectra C-9262-BK e estacionar en zona prohibida.

Sanción: multa de 15.000 pesetas.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.