Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 01 de xuño de 2000 Páx. 8.508

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 de maio de 2000 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO. de Galicia.

II. Autoridades e persoal.

b) Nomeamentos:

Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Orde do 19 de maio de 2000 pola que se nomean novos membros do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 26 de xullo), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 5 de dita lei, o S.N. de CC.OO de Galicia acordou a substitución dos seus membros titulares e suplentes, da súa representación no consello.

A disposición adicional primeira do Decreto 227/1998, do 10 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 6 de agosto), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sinala que «a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais exercerá as funcións asignadas á extinta Consellería de Traballo e Benestar Social pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, de creación do Consello Galego de Relacións Laborais».

Por todo o exposto, ó abeiro do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear membros titulares do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO. de Galicia, a Jaime López Golpe, en substitución de Xan Mª Castro Paz, e a Eusebio Justo Santos en substitución de Eduardo Fernández Pérez.

Artigo 2º

Nomear membros suplentes do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación do S.N. de CC.OO de Galicia, a Teresa Pérez Pardo,

en substitución de Francisco J. Montero Dongil, e a Juan Carlos Rodríguez Gesto, en substitución de Mª Xesús Díaz Sánchez.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2000.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais