Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000 pola que se resolve publicar unha corrección de erros do 26 de abril de 2000 publicado no Diario Oficial de Galicia número 85.

Con data 26 de abril de 2000 publicouse no DOG nº 85, páxina 7.168, resolución da Universidade de Vigo pola que se anunciaba concurso público para a contratación da subministración do expediente 14/2000 equipamento de laboratorios da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra, 9 lotes.

Observado erro nas prescricións técnicas do devandito expediente, pódense retira-las prescricións corrixidas no Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, edificio anexo ó réctorado, rúa Arenal, número 46 -3ª andar (C.P. 36201) Vigo -Pontevedra (España), de luns a venres de 9 a 14 horas. O novo prazo para a presentación de propostas finaliza o dia 13 de xullo de 2000.

Vigo, 22 de maio de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo