Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación das obras que a seguir se relacionan, incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e de Rede Viaria Local 2000:

1ª) Substitución dun tramo de abastecemento de auga na parroquia do Temple en Cambre: orzamento: 20.798.406 pesetas, IVE incluído (125.000,94 euros).

2ª) Impulsión de augas residuais en Cambre: orzamento: 30.857.720 pesetas, IVE incluído (185.458,63 euros).

Os anuncios de licitación publicáronse no BOP número 110, do 15 de maio e corrección de erros no BOP número 117, do 24 de maio do ano que corre.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, na primeira planta da casa do concello.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 25 de maio de 2000.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde