Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración sucesiva de productos de incontinencia e protección. (C.P. 4/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: productos de incontinencia e protección (11 lotes).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 25.059.600 ptas. (150.611,22 A), IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite ordinario.

Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 30-6-2001, en entregas sucesivas, segundo necesidades.

Admisión de variantes: ver punto 6 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación.

1. Calidade: ata 6 puntos.

2. Prezo: ata 4 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de Administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Garantías.

Provisional: ver punto 11 da cara do prego de cláusulas administrativas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán presentase en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 3 de maio de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense