Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e declaración de efectos ambientais da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 19/1999).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e polo Decreto 2617/1966, da Administración central así como a Lei 10/1995 e decretos da Administración autonómica 442/1990, 327/1991 e o Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e a declaración de efectos ambientais, das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Desarrollos Eólicos, S.A.

Domicilio social: Avda. de la Buhaira, 2; 41018 Sevilla.

Denominación: Parque Eólico Puente Rebordelo.

Municipios afectados: Dumbría.

Características técnicas:

Potencia que se vai instalar: 40,2 MW.

Coordenadas:

V(X=496.284,59; Y=4.761.499,71).

V(X=496.505,99; Y=4.758.248,54).

V(X=496.142,56; Y=4.758.204,27).

V(X=496.098,24; Y=4.759.080,75).

V(X=495.478,54; Y=4.759.176,54).

V(X=495.779,12; Y=4.757.900,65).

V(X=496.284,38; Y=4.757.378,30).

V(X=496.036,19; Y=4.757.165,82).

V(X=495.462,96; Y=4.757.686,60).

V(X=494.999,07; Y=4.758.918,78).

V(X=494.330,12; Y=4.758.342,72).

V(X=494.609,05; Y=4.757.980,38).

V(X=493.734,12; Y=4.757.296,14).

V(X=494.697,69; Y=4.756.907,33).

V(X=494.449,49; Y=4.756.624,03).

V(X=493.761,54; Y=4.756.635,98).

V(X=493.064,90; Y=4.757.217,20).

V(X=494.039,97; Y=4.758.120,24).

V(X=493.599,46; Y=4.759.175,18).

V(X=493.871,55; Y=4.759.486,26).

V(X=494.252,71; Y=4.758.592,08).

V(X=494.845,82; Y=4.759.094,22).

V(X=494.704,78; Y=4.759.840,39).

V(X=495.030,28; Y=4.760.854,13).

V(X=495.662,16; Y=4.761.497,37).

V(X=495.973,58; Y=4.760.515,44).

V(X=495.990,09; Y=4.759.470,30).

V(X=495.536,04; Y=4.759.469,88).

V(X=495.265,16; Y=4.760.672,14).

67 aeroxeradores, de 600 kW/u montados sobre fuste tubular metálico de 47 m de altura e rotores de 3 pas de 43 m de diámetro.

67 transformadores, situados no interior dos fustes de 800 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

Rede eléctrica subterránea de media tensión en conductor unipolar une R.H.Z.1 12/20 kV de 95 a 400 mm en Al e pantalla de arames de cobre de 16 mm.

Subestación eléctrica con transformador de potencia nominal 35/42 MVA e relación 66/20 kV e transformador de servicios de 100 kVA e relación 20/0,4 kV.

Aparellos para telemando e telecontrol, protección e sinalización das instalacións a 66 e 20 kV da subestación.

O que se fai público para coñecemento xeral do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de trinta días contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación desta resolución.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Puente Rebordelo poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña e concello de Dumbría, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 25 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña