Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cornazo II.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 0,335 km de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente Cornazo e final no C.T. proxectado Cornazo II. C.T. de 250 kVA, relación de tranformación 20.000/380-220 V, na rúa Pino Manso. R.B.T. aérea, de 0,61 km de lonxitude, con conductor tipo R.Z., con orixe na derivación con R.B.T.S. proxectada en cambio aero-subterráneo e rede existente actualmente pertencente o C.T. Cornazo. R.B.T. subterránea, de 0,16 km de lonxitude, con conductor tipo R.V., con orixe no C.T. proxectado Cornazo II, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 14 de abril de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra