Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/103-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Moreira.

Situación: Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 0,715 km de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio s/n da L.M.T. Agolada, ata o C.T. proxectado Moreira. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15.000/380-220 V. R.B.T. aérea, de 0,08 km de lonxitude con conductor tipo R.Z., con orixe no C.T. proxectado Moreira, concello de Vila de Cruces.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra