Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.433

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Universidades, pola que se autoriza, con carácter provisional, a impartición das ensinanzas conducentes á obtención do certificado de aptitude pedagóxica na Universidade da Coruña.

A Universidade da Coruña presentou solicitude para a impartición do Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP) no Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) para o curso 1999-2000.

A Dirección Xeral de Universidades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria solicitou informe sobre a legalidade da autorización á Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Tendo en conta que, segundo o disposto no R.D. 1692/1995, do 20 de outubro, que regula o título profesional de especialización didáctica, modificado polos reais decretos 173/1998, do 16 de febreiro, e 321/2000, do 3 de marzo, polo que se modifica o R.D. 1692/1995, do 20 de outubro, que regula o título profesional de especialización didáctica, o informe recolle que á vista da prórroga do período de transitoriedade, parece axeitado adoptar solucións, tamén transitorias, que permitan ás universidades galegas que o desexen, e teñan medios para isto, a organización dos cursos de aptitude pedagóxica, a través dos centros ou institutos que establezan, e cun deseño curricular homoxéneo cos xa existentes,

RESOLVO:

Autorizar con carácter provisional, en tanto non se implanten as ensinanzas conducentes á obtención do título profesional de especialización didáctica na Comunidade Autónoma, a impartición das ensinanzas conducentes á obtención do certificado de aptitude pedagóxica no Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) na Universidade da Coruña.

Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 114 e 115 da Lei 4/1999,

pola que se modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

J. Eduardo López Pereira

Director xeral de Universidades