Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.427

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 56/2000, do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e actuación de voluntarios, agrupacións de voluntarios e entidades colaboradoras en materia de protección civil de Galicia.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no DOG nº 62, do 29 de marzo de 2000, procede face-las seguintes correccións:

-Na páxina 4.306, dentro do cadro: «Composición do grupo sanitario», no nivel 0, integrantes do grupo, onde di : «Médicos de A.P.D. e asistencia primaria» e «ATS/DUE de asistencia primaria», debe dicir, respectivamente: «Médicos de A.P.D. e atención primaria» e «ATS/DUE de atención primaria».

-Na mesma páxina e no mesmo cadro, no nivel 1, xefe do grupo, onde di: «Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociales ou persoa que o substitúa (con rango mínimo de xefe de servicio)», debe engadirse a continuación: «Director provincial do Sergas ou persoa que o substitúa (con rango mínimo de xefe de servicio)».

-Na mesma páxina e no mesmo cadro, no nivel 1, integrantes do grupo, onde di: «Persoal sanitario dependente da delegación provincial da consellería con competencias en materia sanitaria», debe dicir: «Persoal sanitario dependente da delegación provincial da consellería con competencias en materia sanitaria e do Sergas».

-Na mesma páxina e no mesmo cadro, no nivel 2, xefe de grupo, onde di: «Director xeral do Sergas ou persoa que o substitúa (con rango mímino de subdirector xeral)», debe dicir: «Director xeral de Asistencia Sanitaria ou persoa que o substitúa (con rango mínino de subdirector xeral)».

-Na mesma páxina e no mesmo cadro, no nivel 2, integrantes do grupo, onde di: «Persoal sanitario dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe dicir: «Persoal sanitario dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas».

-Na mesma páxina 4.306, columna esquerda do texto, dentro dos medios materiais que mobilizan, onde di: «Servicios de urxencias médicas dependentes do Sergas», debe dicir: «Servicios de urxencias médicas dependentes do Sergas e da Fundación 061».

-Na mesma páxina 4.306, dentro do cadro «Organigrama do grupo sanitario», procede face-las seguintes correccións:

-No cadro superior esquerda, onde di: «Director xeral do Sergas ou persoa que o substitúa», debe dicir: «Director xeral de Asistencia Sanitaria ou persoa que o substitúa».

-No cadro superior dereita, onde di: «Persoal sanitario dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe dicir: «Persoal sanitario dependente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas».

-No cadro do medio esquerda, onde di: «Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe engadirse a continuación: «Director provincial do Sergas».

-No cadro do medio dereita, onde di: «Persoal sanitario dependente da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais», debe dicir: «Persoal sanitario dependente da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas».

-No cadro do inferior dereita, onde di: «Médicos de A.P.D. e asistencia primaria» e «ATS/DUE de asistencia primaria», debe dicir, respectivamente: «Médicos de A.P.D. e atención primaria» e : «ATS/DUE de atención primaria».

-Na páxina 4.327, anexo III, columna dereita de texto, despois de onde di: «Todo isto dentro dun círculo de cor branca, que na súa parte superior rematará cunha coroa real española en cor azul cobalto, segundo o modelo que se indica seguidamente», debe incluírse o seguinte emblema:

-Na mesma páxina, columna dereita, no anexo V, dentro do modelo da tarxeta de identidade do persoal colaborador de Protección Civil da Administración

Autónoma de Galicia, a fronte da devandita tarxeta debe substituírse polo seguiente modelo: