Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 31 de maio de 2000 Páx. 8.428

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de abril de 2000 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Araduca No Camiño.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 84, do 3 de maio de 2000, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 7.047, columna primeira, liña 44, onde di: «a notaria María del Carmen Carreira Simón», deberá engadirse a continuación: «por incompatibilidade do seu compañeiro Francisco López Moledo e para o protocolo deste».

-Na páxina 7.047, columna primeira, liña 53, onde di: «Francisco López Modelo», deberá dicir: «Francisco López Moledo».

-Na páxina 7.047, columna segunda, liña 12, onde di: «Modelo», deberá dicir: «Moledo».