Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000 pola que se resolve o concurso aberto para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Vilanova de Arousa para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente 13-05-00-C-01).

Por Resolución do 8 de febreiro de 2000, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 36, do 22 de febreiro de 2000, convocouse concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento da concesión das instalacións da nova lonxa do porto de Vilanova de Arousa para a prestación do servicio de lonxa.

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, na que solicita que se declare deserto o concurso con base en que a oferta presentada incumpre a cláusula 5ª do prego de cláusulas administrativas do concurso.

Esta presidencia resolve: declarar deserto o citado concurso.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante, a elección do interesado, o Xul

gado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente na circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de ente público Portos de Galicia