Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se fan públicas resolucións declarando deserto o concurso de referencia 12-11-99-C02 e se anuncia o outorgamento, por procedemento negociado, da concesión administrativa do edificio de servicios do porto de Miño para a prestación do servicio de lonxa.

O pasado 28 de decembro publícase no DOG nº 249 a Resolución do 15 de decembro de 1999 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento da concesión das instalacións do edificio de servicios do porto de Miño para a prestación do servicio de lonxa. (Expediente nº 12-11-99-C02).

Con data do 2 de marzo de 2000 e á vista da proposta formulada pola mesa de contratación, esta presidencia, dado que a oferta presentada non reunía os requisitos establecidos no prego de bases, resolve declarar deserto o concurso e autoriza o inicio do expediente de outorgamento da dita concesión polo procedemento negociado sen publicidade.

Con data do 22 de marzo de 2000, por resolución desta presidencia, por proposta da mesa de contratación do procedemento negociado, acorda outorgarlle á Confraría de Pescadores de Miño a concesión administrativa das instalacións do edificio de servicios do porto de Miño para a prestación do servicio de lonxa. O prazo de outorgamento da concesión é de 5 anos prorrogables.

Contra as resolucións mencionadas, que poñen fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, á elección do interesado, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou ante o xulgado do contencioso-administrativo competente na circunscrición onde teña aquel

o seu domicilio, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra estas resolucións recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia