Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de auto (130/2000).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 130/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Beatriz Fernández Nieto e Ángeles Castro Romero, contra José Francisco García e Outros, C.B., José F. García González, Salustiano López Calo e Ángel Trens Vicente, en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 27 de abril de 2000, auto cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Acórdase ter por feita, en tempo e forma, a opción tomada polos codemandados Salustiano López Calo, Ángel Trens Vicente e José F. García González, procedendo, así mesmo, en consecuencia, a readmisión das traballadoras demandantes Ángeles Castro Romero e Beatriz Fernández Nieto, nos seus postos de traballo».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a J. Francisco García e Outros, C.B., con domicilio na Avda. da Constitución s/n, edificio Fonseca, de Boiro, A Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino

esta cédula de notificación de auto, en Santiago de Compostela o xoves 4 de maio de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado