Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras de construcción dun edificio sede do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira en Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de obra:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 5/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: construcción dun edificio sede do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da madeira en Ourense.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 46, do 7 de marzo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos cincuenta e dous millóns novecentas noventa mil trescentas cincuenta e unha pesetas (252.990.351), IVE incluído (1.520.502,632 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 12 de abril de 2000.

b) Contratista: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos vintecinco millóns cento sesenta e unha mil catrocentas doce pesetas (225.161.412), IVE incluído (1.353.247,341 euros).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda