Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (130/2000).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 130/2000, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Beatriz Fernández Nieto e Ángeles Castro Romero, contra José Francisco García e Outros, C.B., José F. García González, Salustiano López Calo e Ángel Trens Vicente, en reclamación de despedimento, se dictou, con data do 6 de abril de 2000, sentencia cunha decisión do teor literal seguinte:

«Que estimando a demanda promovida por Beatriz Fernández Nieto e Ángeles Castro Romero, fronte á comunidade de bens José Francisco García e Outros, C.B., J. Salustiano López Calo, Ángel Trens Vicente e José F. García González, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que foron obxecto as demandantes e condeno os ditos codemandados a optaren entre a readmisión das traballadoras demandantes no seu posto de traballo ou o aboamento da cantidade de cento vinteoito mil trescentas corenta e sete pesetas (128.347 pesetas) a favor da Sra. Castro, e cento vintesete mil duascentas vinteseis pesetas (127.226 pesetas) a favor da Sra. Fernández, respectivamente, en concepto de indemnización, opción que deberán exercer no prazo de cinco días desde a notificación desta sentencia, mediante escrito e comparecencia perante este xulgado, advertíndoos de que, de no a realizaren, se entenderá que procede a primeira, con aboamento en ámbolos casos da cantidade de trescentas nove mil cento

vinteoito pesetas (309.128 pesetas) para cada unha delas en concepto de salarios de tramitación, e a un haber diario de catro mil cincocentas corenta e seis pesetas (4.546 pesetas) para cada unha das demandantes desde a data ata que se notifique esta resolución».

E para que lle sirva de notificación de sentencia a J. Francisco García e Outros, C.B., con domicilio na Avda. da Constitución s/n, edificio Fonseca, de

Boiro, A Coruña, hoxe en paradoiro descoñecido, facéndolles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días contados desde o seguinte ó de notificación da sentencia e con expresa advertencia de que, de se-lo recorrente, os condenados deberán exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recursos deste Xulgado do Social número dous, nº de identificación: 5608, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, oficina 5947, sita na rúa Senra nº 3 desta cidade, a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista e acreditar ter depositada na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de vintecinco mil pesetas (25.000 pesetas), preceptiva

legalmente para recorrer, requisitos sen os cales non se terá por anunciado o dito recurso.

E así mesmo, para que conste para efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia, en Santiago de Compostela o venres 28 de abril de 2000.

O secretario xudicial

Rubricado