Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.339

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 13 de abril de 2000 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A., anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A) Posto: auxiliar de Stages (Ref. AUX-100).

1. Funcións principais: baixo a dirección e supervisión do responsable do departamento, asumirá tarefas de apoio en relación a:

-Preparación, seguimento e valoración das prácticas dos alumnos en empresas.

-Programación e coordinación das visitas de seguimento durante a realización das prácticas.

-Organización, clasificación e arquivo da documentación correspondente ás prácticas dos alumnos.

2. Prazas: 1 (xornada completa).

3. Requisitos:

-Titulo de FP II ou equivalente.

-Mecanografía: 200 ppm.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Dominio de inglés ou francés oral e escrito.

-Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto co público, de 18 meses.

-Coñecementos do sector hostaleiro.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de idiomas.

-Coñecementos das prestacións da Seguridade Social (atención sanitaria).

-Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que deberán realizar:

-Mecanografía (eliminatoria).

-Microsoft Word, Excel e Access 2000 (eliminatorio).

-Exame oral e escrito de inglés ou francés (eliminatorio).

-Exame de coñecementos (ver temario anexo I).

-Avaliación de aptitudes administrativas.

-Entrevista persoal.

A.1. Documentación que deberán presentar:

-Solicitude, na que se indique a referencia, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, Km. 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

A.2. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A.3. Selección:

-Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

AUXILIAR DE STAGES

Proba de coñecementos.

1. Organización do departamento e a brigada de cociña.

2. Organización do departamento e a brigada de servicios.

3. Organización do departamento e a brigada de recepción.

4. Organización do departamento e a brigada de pisos/lavandería.

5. Tipos de establecementos hostaleiros e as súas clasificacións.

6. Estructura do mercado turístico. Principais zonas turísticas.

7. Principais establecementos hostaleiros autonómicos, nacionais e internacionais.

8. Atención sanitaria da Seguridade Social en España e no estranxeiro.