Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 3986 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: aluguer de local en Santiago de Compostela para dar servicio ó persoal do proxecto fomento do asociacionismo provincia da Coruña e á Rede de Apoio Veciñal (RAV).

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: desde o 15 de xuño ó 31 de decembro de 2000, prorrogable expresamente por trimestres ou mensualmente e ata un máximo de 2 anos máis.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 1.750.000 ptas. (10.518 euros).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: ata as 13 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou no DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 23 de maio de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña