Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO de licitación de concurso con procedemento aberto.

1. Proxecto: rede de saneamento de Vilasantar.

2. Tipo de licitación: 50.465.821 pesetas.

3. Aplicación orzamentaria: 441.601.00

4. Prazo de execución: seis meses.

5. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

6. Garantías:

Provisional 2%. Definitiva: 4%.

7. Lugar e prazo de presentación de ofertas.

a) Lugar e horario: nas oficinas municipais do Concello de Vilasantar de 9 a 13 horas.

b) Data límite de presentación: desde a publicación do presente anuncio e por vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

8. Revisión de prezos: non procede.

9. Gastos dos anuncios: os gastos deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

10. Criterios de ponderación de ofertas: opción A dos pregos aprobados pola deputación provincial.

11. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás trece horas do quinto día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de pesentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo adiarase ata o seguinte día hábil.

12. Documentación que hai que presentar:

-Modelo de sobre A:

Oferta económica. Conterá a proposición económica formulada segundo o seguinte modelo:

Don/a..., con domicilio en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI ( pasaporte ou documento que o substitúa)..., actuando en nome propio ou en representación de..., DNI ou CIF número..., e con domicilio no lugar..., teléfono..., toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas (IVE incluído), que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

-Modelo sobre B: personalidade xurídica e xustificantes.

-Modelo sobre C: referencias técnicas.

Expediente: o expediente, proxecto e pregos de condicións atópase á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Vilasantar, 3 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado