Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudio de detalle na rúa Aragón esquina á Travesía de Vigo. (Expediente 5796/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 27 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na esquina da rúa Aragón coa rúa Travesía de Vigo (expediente 5796/411)

presentado pola promotora Vasera, S.L., redactado polo arquitecto Roberto Lamas Díaz e visado polo COAG con data do 18 de febreiro de 2000.

Sométese o dito expediente o trámite de información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia, significando que o prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa do edificio da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo no poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 8 de maio de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo