Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.340

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ANUNCIO de asemblea xeral.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los conselleiros xerais á asemblea xeral que se celebrará no salón de actos da entidade, sito na cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás 11.30 horas do día 17 de xuño de 2000 en primeira convocatoria ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, consonte a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado da Caixa de Aforros de Galicia, todo iso correspondente ó exercicio económico de 1999, así como da xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 1999.

7. Exame e aprobación, se é o caso, de obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio 2000, delegación no consello para a modificación do orzamento de obra social.

8. Elección de vocais, titulares e suplentes, do Consello de Administración e da Comisión de Control.

9. Autorización ó Consello de Administración, nos máis amplos termos, para emitir cédulas e bonos hipotecarios, débeda, na contía, termos e condicións

que a asemblea determine, deixando sen efecto a autorización concedida para estes mesmos fins pola asemblea xeral do 24 de abril de 1999, na parte non disposta.

10. Autorización para a emisión de cotas participativas, nos termos acordados polo Consello de Administración e delegación no dito consello das facultades que procedan para levar a cabo a referida emisión.

11. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

12. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

13. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asemblea quedará depositada na sede central da caixa e á disposición dos conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día.

Para as eleccións previstas no punto 8, durante o prazo de dez días naturais, contados desde o día 29 de maio, inclusive, poderán elevarse candidaturas na forma disposta nos artigos 22 e 30 dos estatutos e 25 do Regulamento de procedemento electoral.

As candidaturas deberán conter en todo caso a explícita declaración dos candidatos de cumprire os requisitos de elexibilidade e de non estaren incursos en causa de incompatibilidade nin prohibición para o exercicio do cargo e formularanse por escrito na sede central da entidade, que expedirá recibo delas.

Para o exercicio polos conselleiros xerais do dereito de presentación que lles recoñecen os estatutos, a súa sinatura deberá ser lexitimada por testimonio notarial ou do director dalguna das oficinas da caixa.

Será rexeitada de plano toda candidatura que incumpra calquera dos requisitos anteriores.

Con catro días de antelación á data fixada para a reunión da asemblea xeral quedará exposta a relación de candidatos na oficina central da entidade, en disposición de ser consultada polos conselleiros xerais. Se no transcurso dese prazo se presentase algunha impugnación, será resolta pola comisión de control no curso da asemblea, previamente á elección.

Para a súa consulta polos conselleiros xerais está depositado na oficina central da caixa un exemplar dos estatutos e do Regulamento do procedemento electoral.

A Coruña, vintecatro de maio de dous mil.

O Presidente do Consello de Administración

Rubricado