Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ANUNCIO do 25 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a Resolución do 12 de abril de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a non clasificación dos montes Castrillón e outros do lugar de Meiro (concello de Bueu).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente: José Luis Díez Yáñez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais: Serafín Quinteiro Blanco (avogado polo colexio da provincia), Teodoro Arribas Serrano (xefe do Servicio de Montes e Ind. Forestais), Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Vocais representantes do lugar de Meiro do concello de Bueu: Constante Portela Vilas. Manuel Portela Estévez.

Secretaria: Mª José León Gómez (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas e trinta minutos do día 12 de abril do 2000, coa asistencia das persoas á marxe citadas reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes Castrillón e outros, do lugar de Meiro do concello de Bueu.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Formulada solicitude de clasificación pola xestora do lugar de Meiro do concello de Bueu dos montes Castrillón e outros, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, na súa reunión do 4-6-1997, acordou inicia-los trámites para a clasificación dos referidos montes, así como a remisión da solicitude e documentación achegada ó Servicio de Montes e Industrias Forestais da daquela Delegación Provincial de Agricultura, Gandería e Montes de Pontevedra, para o seu estudio e informe.

Segundo.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, formulouse oposición á clasificación instada polos veciños dos lugares de Trasouto e A Graña pertencentes igualmente á mesma parroquia de Bueu, figurando comparecidos no expediente e representados por Antonio Novas Loira, sinalando que son eles os que tradicionalmente e desde tempo inmemorial veñen facendo uso e aproveitamento dos montes citados e non os do lugar de Meiro.

Terceiro.-Así mesmo, o Concello de Bueu remite acordos da Comisión do Goberno de datas 7 de agosto de 1997 e 15 de abril de 1999 nos que manifesta a máis rotunda oposición á clasificación dos montes solicitados a favor dos veciños do lugar de Meiro, dado que non aparecen claramente delimitados os lugares de Trasouto, A Graña e Meiro que disputan a súa titularidade, co que a clasificación a favor dun deles daría lugar a profundos enfrontamentos entre veciños e sería dificil a determinación da condición de veciño para efectos de posuí-la titularidade dos montes dos cales se pretende a clasificación.

Cuarto.-Os montes Castrillón, Coto, Feira, Esquina de Paradela, Capoeiro, Lagarteira de Riba, Lagarteira de Baixo, Golbada e Cachadiña, obxecto do presente expediente de clasificación, obedecen á seguinte descrición:

Concello: Bueu.

Lugar: Meiro.

Nome do monte: Castrillón.

Cabida: 2,019 ha.

Lindes:

Norte: cruzamento de camiños e predios particulares.

Sur: pista forestal e predios particulares.

Leste: predios particulares.

Oeste: pista forestal.

Nome do monte: Coto.

Cabida: 0,163 ha.

Lindes:

Norte: camiño de servidume e predios particulares.

Sur: camiño de servidume.

Leste: predios particulares.

Oeste: camiño de servidume e predios particulares.

Nome do monte: Feira.

Cabida: 0,153 ha.

Lindes:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: camiño veciñal asfaltado.

Oeste: predios particulares.

Nome do monte: Esquina de Paradela.

Cabida: 0,05 ha.

Lindes:

Norte: estrada de Outeiro a Meiro.

Sur: camiño de Outeiro a Meiro (San Antoniño).

Leste: estrada e predio particular con peche de cachotería.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Capoeiro.

Cabida: 0,024 ha.

Lindes:

Norte: camiño de Meiro á Graña.

Sur: camiño de Meiro á Graña.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: camiño público da Graña.

Nome do monte: Lagarteira de Riba.

Cabida: 0,023 ha.

Lindes:

Norte: predio particular con muro de pedra.

Sur: encrucillada de sendas e un camiño.

Leste: predio particular con muro de pedra.

Oeste: encrucillada de camiños.

Nome do monte: Lagarteira de Baixo.

Cabida: 0,011 ha.

Lindes:

Norte: camiño público.

Sur: propiedade privada.

Leste: camiño público.

Oeste: propiedade privada e camiño.

Nome do monte: Golbada.

Cabida: 0,02 ha.

Lindes:

Norte: camiño de Meiro a Catro Camiños.

Sur: propiedade privada con muro de pedra.

Leste: propiedade privada con muro de pedra.

Oeste: camiño.

Nome do monte: Cachadiña.

Cabida: 0,02 ha.

Lindes:

Norte: cruzamento de camiños asfaltados.

Sur: camiño.

Leste: propiedades particulares (casas).

Oeste: cruzamento de camiños asfaltados.

Fundamentos de dereito.

1. Trátase de pequenos retallos de montes, a maioría deles circundados por camiños e dos cales a superficie non excede de 500 metros cadrados, tratándose de sobrantes de vía pública, polo que a posibilidade de aproveitamento é practicamente nula. Así ocorre cos denominados Coto, Feira, Esquina de Paradela, Capoeiro, Lagarteira de Riba, Lagarteira de Baixo, Golbada e Cachadiña, atopándose a maioría deles situados entre cruzamentos de camiños e, en ocasións, lindando coa estrada.

2. Dos citados montes e segundo a certificación rexistral que figura no expediente, só dous deles -Feira e Coto- figuran inscritos no Rexistro da Propiedade como de titularidade municipal, non podendo identificarse o resto conforme a descrición remitida á dita oficina pública.

3. Segundo informe subscrito polo enxeñeiro técnico-forestal que figura no expediente, a única parcela ou monte onde se realiza algún aproveitamento -concretamente de mato- é o denominado Castrillón, estando situados no dito monte os depósitos municipais de abastecemento de augas do concello de Bueu, así como canalizacións de auga e electricidade.

En consecuencia, e tendo en conta que non resulta acreditado no expediente que os solicitantes do lugar de Meiro veñan aproveitando os ditos montes con carácter exclusivo, consuetudinariamente e en réxime de comunidade sen asignación de cotas, non cumpríndose os requisitos do artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, sendo reducida por outra parte a superficie da maioría deles que fan inviable a posibilidade do seu aproveitamento, así como a oposición de veciños doutros lugares da mesma parroquia e o informe desfavorable emitido polo Concello de Bueu e as obras de interese xeral situadas no monte Castrillón que constitúen un servicio público de interese xeral, o instructor propón e así o acordan de maneira unánime os membros do xurado a non clasificación dos montes Castrillón, Coto, Feira, Esquina de Paradela, Capoeiro, Lagarteira de Riba, Lagarteira de Baixo, Golbada e Cachadiña como veciñais en man común a favor dos veciños do lugar de Meiro ó non

reuni-los requisitos establecidos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, e tendo en conta as razóns expostas que farían inviable a súa clasificación.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de abril de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra