Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso de execución, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da asistencia técnica que se cita.

a) Asistencia técnica.

Título: asistencia técnica para a realización dun inventario, clasificación e estudio de alternativas para o tratamento e eliminación dos lodos producidos nas estacións públicas de depuración de augas residuais de Galicia.

Clave: AT/115.

Orzamento: vinteseis millóns catrocentas cincuenta e oito mil oitocentas dezasete (26.458.817) pesetas (cento cincuenta e nove mil vinte con sesenta e nove (159.020,69) euros.

Prazo: oito (8) meses.

Solvencia: as empresas consultoras deberán acredita-lo que se dispón nos artigos 16, letra a), e 19, letras a) e b), da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. De posuí-lo licitador clasificación vixente no grupo I, subgrupo 1, categoría b), eximirase da acreditación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declarada urxente con base no establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de bases estarán de manifesto e ó dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, sita en avenida Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, de Santiago de Compostela (teléfonos 981 56 09 10 e 981 56 09 11, fax 981 560 70 91).

c) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do importe de adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará as doce horas do oitavo día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do sexto día, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da Empresa Pública de Obras

e Servicios Hidráulicos